Real Academia Galega
@realacademiagalega.bsky.social
1.1K followers 71 following 400 posts
Institución científica que ten como obxectivos fundamentais o estudo, a defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas.
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
realacademiagalega.bsky.social
🎦 Prácenos presentarvos 'Se canto é porque quero', a serie das #LetrasGalegas2025. Xa podedes vela na nosa web e na nosa canle de Youtube. 🎼
academia.gal/comunicacion...
#cantareiras #poesíapopularoral
Se canto é porque quero
academia.gal
realacademiagalega.bsky.social
📣 Homenaxe a Paco Martín nos 40 anos de Ramón Lamote, o libro que cambiou todo

🎦📷✒️ Vídeo, fotos e máis información do acto da RAG dedicado ao autor 👇
academia.gal/-/homenaxe-a...
realacademiagalega.bsky.social
🎙️Escoitamos xa a Paco Martín en conversa con Isabel Soto na homenaxe ao escritor nos 40 anos de Ramón Lamote.
🎦Emisión en directo dende o Círculo das Artes de Lugo 👇
www.youtube.com/watch?v=kUM5...
realacademiagalega.bsky.social
📣Homenaxe a Paco Martín nos 40 anos de Ramón Lamote, profesor de chairego e debuxante de soños
⏰ 📍15 de outubro (17:30 h) no Círculo das Artes de Lugo. Entrada libre
🎙️ Isabel Soto en conversa Paco Martín
Alocucións de @Loisperezdiaz e Alejandro Tobar
🎼 Branca Villares
Reposted by Real Academia Galega
facultadexh.bsky.social
📖 Lectura e Coloquio | "O rei sabio"

Conversa e lectura de pasaxes da obra editada pola colección Kátaba. Estudos Medievais do Grupo @sincrisis-usc.bsky.social
Reposted by Real Academia Galega
ilgusc.bsky.social
Moitos parabéns ao noso compañeiro Ernesto González Seoane e a Xosé María Gómez Clemente!!
Reposted by Real Academia Galega
carmendemilmanda.bsky.social
lRamón Lamote, un dos meus máis queridos personaxes das ketras galegas.
Grazas a Paco Martín. 🩵🩵🩵
realacademiagalega.bsky.social
📍⏰ Agardámosvos o mércores 15 de outubro de 2025 ás 17:30 h no Círculo das Artes de Lugo con Paco Martín, Isabel Soto, Lois Pérez e Alejandro Tobar e a música de Branca Villares🎼
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
realacademiagalega.bsky.social
No #DíaDasEscritoras celebramos as mulleres que coas súas obras contribuíron á liberdade de todas. Celebramos tamén as súas herdeiras, que hoxe nos descobren novas formas de gozarmos dese acto íntimo e revolucionario que é a lectura.
realacademiagalega.bsky.social
📍⏰ Agardámosvos o mércores 15 de outubro de 2025 ás 17:30 h no Círculo das Artes de Lugo con Paco Martín, Isabel Soto, Lois Pérez e Alejandro Tobar e a música de Branca Villares🎼
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
realacademiagalega.bsky.social
🎙️Paco Martín le un anaco de 'Das cousas de Ramón Lamote'. O 15 de outubro convidámosvos á homenaxe que lle renderemos no Círculo das Artes de Lugo nos 40 anos da obra coa que gañou o primeiro Premio Nacional de Literatura en galego.
www.youtube.com/watch?v=sC8e...
Paco Martín | Das cousas de Ramón Lamote | Autores e autoras da literatura infantil e xuvenil
YouTube video by RealAcademiaGalega
www.youtube.com
realacademiagalega.bsky.social
📣"Aínda baixo o franquismo, dedicar o Día das Letras Galegas a Castelao tiña un fondo significado"

✒️A académica María López-Sández escribe sobre o que supuxo en 1964 que a Real Academia Galega celebrase o intelectual rianxeiro. Le o artigo no sitio de #Castelao da RAG 👇
academia.gal/-/ano-castel...
O Día das Letras Galegas de 1964
academia.gal
realacademiagalega.bsky.social
✒️ "Outra vez levas ese xersei, sabes de sobra que xa non me gusta, lémbrame a Lougán"

Así comeza "O cadro", a pequena grande historia coa que Santiago Argüeso Galván (1997) gañou o primeiro premio do VIII Concurso de #microrrelatos da RAG e @puntogal.bsky.social.

📌https://doi.org/10.32766/rag.452
realacademiagalega.bsky.social
📷 Pedra do Labirinto en Mogor (Marín)

#petiscosdelingua #dicionario #diaeuropeodaarterupestre
realacademiagalega.bsky.social
A outra parte da voz “petróglifo” procede do igualmente do grego, de ‘petra’, así que literalmente esta palabra significa etimoloxicamente o mesmo que vedes: gravado na pedra.
realacademiagalega.bsky.social
‘Glifo’ chegou ao galego dende o grego e quere dicir “signo ou debuxo de carácter simbólico empregado en diferentes sistemas de escritura”; tamén designa unha “acanaladura que serve de ornamento nun elemento arquitectónico”, segundo recolle o noso #dicionario.
realacademiagalega.bsky.social
Lembrade que en galego #petróglifo é unha palabra esdrúxula, chea de forza sonora, coma sucede noutras linguas romances coma o portugués, o catalán e o francés. E coma ‘xeróglifo’e outras voces máis especializadas irmás: ‘anáglifo’, ‘hieróglifo’ ou ‘tríglifo’...
realacademiagalega.bsky.social
Somos un país con moita arte, dende hai ben tempo!

O 9 de outubro celébrase o Día Europeo da Arte Rupestre. Este xoves, e sempre, gozade dela, coidádea, enriquecede a vosa ollada admirándoa e non esquezades chamarlles aos #petróglifos polo seu nome... ben acentuado!
realacademiagalega.bsky.social
¿Que importa, irmau, que morra o día
si a súa morte
abre en nós a espranza do mencer?

Non temas.
Aínda o paxaro ten canciós
i as estrelas se alcenden cada noite.

"Verbas a un irmau"
Manuel María

#letrasgalegas #letrasgalegas2016 #manuelmaría
realacademiagalega.bsky.social
Que a vida é moi fermosa
aínda que hai homes
que teñen os beizos emporcados
con verbas de falsía,
i o corazón podre polo odio,
i as maus pingando sangue,
i agachados, no fondo dos seus petos,
en vixía,
coitelos e pistolas asesinas.
realacademiagalega.bsky.social
📣 Escoita, irmau, as miñas verbas:
son sinxelas e impuras
como as verbas feridas
co coitelo dos beizos, cada día.

Vouche decir tan só que teño
a miña mau tendida,
aberta, núa e viva como o mar.

Que teño, irmau, maduro o corazón
pra gardar nel as verbas túas.
realacademiagalega.bsky.social
Escoitade, irmáns, irmás, estas verbas, sinxelas e impuras como as verbas feridas co coitelo dos beizos, cada día. Legóunolas Manuel María, nado #taldíacomahoxe, o 6 de outubro de 1929, e soan nestes tempos con plena vixencia.
realacademiagalega.bsky.social
📣🌊Chamada á recolla urxente dos nomes propios do mar na X Xornada de Onomástica

🎦 📸✒️Vídeos das sesións, resumo e fotos 👇

academia.gal/-/a-x-xornad...
A X Xornada de Onomástica Galega chama á recolla urxente dos nomes propios do mar de transmisión oral
academia.gal
realacademiagalega.bsky.social
🎦 Intervencións da mañá de Ángeles Piñeiro, Helena Domínguez, José Benito Rodríguez Álvarez Tito o Chirro e Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoráns 👇
youtube.com/watch?v=kj_B...
realacademiagalega.bsky.social
🌊🌊Seguimos na X Xornada de Onomástica Galega cunha achega sobre os nomes de embarcacións e das bateas de Lucía López Lires e Aarón Otero. X. M. Dopazo falaranos logo da naonimia nas aulas e Xurxo Souto poralle o ramo ao encontro.
🎦 Sesións da tarde👇
youtube.com/watch?v=7YYb...
realacademiagalega.bsky.social
🌊Os nomes propios tradicionais do mar son parte da nosa identidade como pobo. Hoxe afondamos na riqueza dos talasónimos que designan cons, abras ou limpos na X Xornada de Onomástica Galega desde o Museo de Pontevedra. Entrada libre.

🎦Emisión en directo youtube.com/watch?v=kj_B...