Código Cero
@codigocero.com
310 followers
110 following
3.4K posts
Revista de novas tecnolóxicas de Galicia
https://codigocero.com
Posts
Media
Videos
Starter Packs
Código Cero
@codigocero.com
· 10h
Apple presenta o chip M5
Apple anunciou o lanzamento do M5, o seu novo procesador deseñado para ofrecer un importante salto en rendemento, especialmente nas tarefas de intelixencia artificial e nos procesos gráficos. O chip está fabricado con tecnoloxía de tres nanómetros de terceira xeración e integra unha nova arquitectura de GPU con dez núcleos, cada un deles equipado cun Neural Accelerator dedicado. Esta innovación permite cuadriplicar o rendemento máximo da GPU respecto ao M4 e multiplicalo por seis en comparación co M1.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 12h
Minia Manteiga (CITIC) e Senén Barro (CiTIUS), membros do novo Consello Asesor de I+G+i de Galicia
A Xunta de Galicia designou finalmente as 12 persoas expertas que formarán parte do novo Consello Asesor de Investigación e Innovación de Galicia (I+G+i), entre as que se atopan referentes do ámbito das novas tecnoloxías da información como por exemplo Minia Manteiga, investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC (experta en astrofísica computacional e ciencia de datos), ou Senén Barro, director científico do CiTIUS da USC.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 14h
A Cámara de Santiago achega unha xornada sobre as posibilidades da IA para as pemes
A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de outubro unha nova xornada de transformación empresarial centrada, desta volta, nas posibilidades da Intelixencia Artificial para incrementar rendibilidade, competitividade, marca, visibilidade, comunicación e eficiencia. O seminario en liña IA para pemes: oportunidades reais e como empezar. Será ás 10.00 horas e terá unha hora de duración. Desenvolverase en liña e será de balde.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 16h
O conselleiro aborda coa representación das facultades de Educación a futura lei de ensino dixital
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, reuniuse hoxe con representantes das facultades de Educación galegas para continuar avanzando na redacción da futura Lei de educación dixital, unha norma pioneira coa que a Xunta de Galicia pretende regular o uso das novas tecnoloxías nas aulas dos centros educativos.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 16h
Meta Quest 3 convértese no visor de VR máis empregado en Steam
Hai un par de anos Meta lanzou o visor de realidade virtual Meta Quest 3, co difícil obxectivo de superar ao visor Meta Quest 2, que se converteu rapidamente en líder do sector polas súas grandes posibilidades a un prezo moi axustado.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 17h
As marcas de maior valor global pertencen ao sector tecnolóxico
Samsung Electronics foi recoñecida por Interbrand, consultora que publica cada ano unha listaxe coas mellores marcas a nivel global, como marca Global Top 5 por sexto ano consecutivo. Na listaxe deste ano, Samsung rexistrou un valor de marca de 90.500 millóns de dólares, mantendo a súa posición como a única empresa asiática que permanece entre as cinco primeiras do mundo desde 2020.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 17h
Especialistas en Dereito Administrativo analizarán na EGAP a regulación da IA
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolle esta semana, o xoves 16 e o venres 17 de outubro, o curso monográfico A regulación da Intelixencia Artificial: sistemas e datos. Regulación da normativa europea, estatal e autonómica. Nel participarán destacados expertos nacionais en Dereito Administrativo durante dous días.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 17h
A USC lidera a Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial, que prepara para 2026 o primeiro congreso estatal
O Instituto de Humanidades da USC (iHUS) e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto demográfico desenvolveron este martes 14 de outubro no CEA (Centro de Estudos Avanzados, Finca de Vista de Alegre) unha xornada para poñer en común as redes de traballo e estudo da filosofía que existen sobre a Intelixencia Artificial.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 18h
En novembro chega a 4ª edición do curso de desenvolvemento seguro ante ciberameazas de Vitae
A Rede é unha gran ferramenta e, como tal, resulta positiva ou negativa dependendo do uso que lle dean os internautas. Para a consultora galega Vitae, referente na formación tecnolóxica avanzada para profesionais dos sectores innovadores, o feito de que o mundo dixital posúa grandes e importantes utilidades non debe facernos esquecer a necesidade de protexer as nosas empresas. Para axudarnos neste punto, a consultora galega Vitae convocou a 4ª edición do Curso Desenvolvemento Seguro ante Ciberataques, de seis horas de duración e impartido polo experto Daniel García. Levarase a cabo en formato de aula virtual, con clases en directo recuperábeis, os días 12 e 19 de novembro.
codigocero.com