Youtubeiras+
banner
youtubeiras.gal
Youtubeiras+
@youtubeiras.gal
📲 Iniciativa para a promoción do talento en galego nas redes.

✨ 9ª edición.

🔗 linktr.ee/Youtubeiras
Abrimos fío co TOP 8 vídeos máis votados a falta de 4 días para fechar o prazo de votación do premio do público! ⏳

Podes votar en: youtubeiras.gal/votacion
December 2, 2025 at 9:17 AM
Vamos ver, xentiña… Agradecemos o entusiasmo, mais non fai falta creardes 4 correos para apoiardes o voso vídeo favorito!! Sabemos cando 1 mesma persoa tenta votar como 7 e non queremos ter que tomar medidas :(

Lembrade que o prazo para votar acaba o 5/12, e mañá desvelamos os vídeos en cabeza 👀
December 1, 2025 at 12:24 PM
Amodiño!! Ides rebentar o web… levades máis de mil votos en menos de 4 días 😵‍💫

Se aínda non votaches, podes facelo en youtubeiras.gal/votacion-pre...! 👀

Queres saber que vídeos van en cabeza?
Comenta a túa predicción! 💬
November 27, 2025 at 12:01 PM
Abrimos a votación para o premio do público de Youtubeiras+! 💥

youtubeiras.gal/votacion-pre...

Estará aberta até o 5 de decembro ás 23:59. O 07/02 no Teatro Jofre (Ferrol) revelaremos o vídeo gañador, antes daremos pistas por aquí de como avanzan as votacións 👀

Neste fío, explicamos como votar:
November 24, 2025 at 12:11 PM
Xa non está saíndo ninguén da Alameda!

Nestes días revelaremos datos sobre as inscricións e contactaremos convosco para confirmar que está todo ben, mais xa está oficialmente fechado o prazo para participar en Youtubeiras+ 2025!

Prestade atención aos vosos correos a partir do luns e moita sorte :)
November 16, 2025 at 11:01 PM
✋ Declarámonos culpábeis de procrastinar. Se ti tamén, desta vez non penses que “aínda restan días”… só tes até as 23:59.

🔥 Hoxe acaba o prazo para entrares en Youtubeiras+ 2025. Un certame que premia a creación en galego en todas as redes sociais e reparte 7500 €.

👉 Só 1 minuto en youtubeiras.gal
November 16, 2025 at 11:29 AM
Só resta esta finde para que inscribas o teu proxecto (de calquera rede social) en youtubeiras.gal

Faino canto antes ou vaiche pasar o prazo! 🫵
November 15, 2025 at 8:11 AM
Como que no Bluesky non hai cousas en galego? En Youtubeiras+ xa somos 99 proxectos entre todas as redes: memes, historia, fútbol, ciencia, videoxogos, información meteorolóxica...

Falta 1 para os 100! Serás ti? Inscríbete antes do 16/11

Se coñeces algunha persoa que debería inscribirse, etiquétaa
November 14, 2025 at 6:02 PM
Greta Thunberg chega a Galiza a tempo para participar nos premios
Youtubeiras+!

Se creas contido en galego, en calquera rede, aínda podes inscribirte en youtubeiras.gal

Aceptamos vídeos, imaxes, podcasts… E quen sabe! Pode que compitas contra Greta Thunberg, que estes días foi vista na Galiza 🫣
November 12, 2025 at 1:08 PM
🚨 VAICHE PASAR O PRAZO!

Que esperas para inscribirte en Youtubeiras+, o proxecto que premia a creación en galego nas redes sociais?

Entra todo: vídeos, imaxes, podcast... de calquera rede!

Fai o favor de inscribirte que as gatiñas xa fixeron suficiente traballo 😹

👉 Até o 16/11 en youtubeiras.gal
November 11, 2025 at 1:52 PM
Facer cousas en galego abre moitas portas… mesmo algunhas que nin sabías que existían! 🤭

Se vas ser a próxima inspiración de Amaia, como Aliboria en Aralar, nós ofrecémosche 7.500 € en premios 😏

Inscríbete en youtubeiras.gal se creas contido en galego (en calquera rede e formato) antes do 16/11
November 4, 2025 at 11:47 AM
👻 Sabes o que sería arrepiante? Que se che pase o prazo para inscribirte en Youtubeiras+!

Se fas contido en galego, este é o teu momento. Todas as redes e formatos entran a concurso! Tamén entras levando 200h sen durmir editando 🧟

👉 Apúntate en youtubeiras.gal antes de que sexa demasiado tarde…
October 31, 2025 at 9:41 AM
Abrimos fio co TOP 5 erros que cometedes ao propor un vídeo para o Premio do Público de Youtubeiras+...

👇
October 29, 2025 at 12:35 PM
Creas contido nas redes en galego? Nesta edición, podes ser unha das persoas gañadoras! 🫵

Repartimos 7500 € para TODAS as redes sociais e todo tipo de contido. Por que non probas sorte? 

Apúntate antes do 16 de novembro!

Se o fas hoxe, xa non corres o risco de esquecer o prazo. Leva só 1 minuto 🔥
October 26, 2025 at 7:02 PM
Temos un sorteo para ir ao teatro gratis no noso Instagram! ❤️‍🔥

Participa: www.instagram.com/p/DQJlOfcjAWW
October 23, 2025 at 11:40 AM
⚠️ TODAS as redes entran a concurso este ano en Youtubeiras+!

Se creas no Bluesky, con calquera formato, tamén podes participar. Só tes que inscribirte en youtubeiras.gal antes do 16 de novembro!

Estamos esperando para premiarte… sexas ou non un gatiño 😽
October 21, 2025 at 1:03 PM
📱 Axúdasnos a descubrir máis proxectos en galego nas redes? Etiqueta esa persoa que debería gañar un Youtubeiras+!

Levamos 1 mes de inscricións… e resta menos dun mes para que acabe o prazo! Se queres probar sorte, inscríbete en youtubeiras.gal

Tamén podes propor un vídeo ao premio do público!
October 17, 2025 at 11:54 AM
Brincadeira ou anécdota? 🫩

Crear contido pode ser unha aventura algo catastrófica! Por iso, queremos darlle valor ao teu traballo: repartimos 7500€ para persoas e proxectos que crean nas redes sociais (en todas!)

💡 Se te identificaches co vídeo, inscríbete en www.youtubeiras.gal antes do 16/11
October 16, 2025 at 9:10 AM
Hai un ano, a xente deste vídeo estaba do outro lado da pantalla. Agora xa son parte da historia de Youtubeiras+ ❤️‍🩹

E ti? Poderías ser a seguinte persoa en subir ao escenario! Mais para iso, tes que inscribir a túa canle antes do 16 de novembro 🗓️

A que esperas? 💥
October 10, 2025 at 8:35 AM
🔍 Influenciadora da precariedade ou máis publicidade encuberta?

Quizais o algoritmo non te entenda, mais Youtubeiras+ si. Non tes que entrar nunha categoría concreta: inscribe o teu proxecto de calquera rede e o xurado decide!

💸 Hai 7500€ en premios

 🔥 E ti, en que categoría inventada gañarías?
October 9, 2025 at 1:03 PM
Queres impresionar o noso xurado? Pois olla con atención porque aquí tes todas as chaves! 🔐

Creatividade, capacidade comunicativa, coidado técnico, repercusión... E todo isto, por suposto, en galego! 👅

E ti, que sería o que máis valorarías? Déixao nos comentarios! 👇
October 7, 2025 at 7:02 PM
Reposted by Youtubeiras+
Obradoiro de creación de contidos organizado polo SNL do Concello de Narón, no marco do certame de @youtubeiras.gal.

📅 Xoves, 9 de outubro

Inscrición aberta.

naronengalego.gal/actividades/...
Obradoiro de creación de contidos en galego · Narón en galego
O Concello de Narón organiza un obradoiro de creación de contidos dixitais en galego para aquelas persoas, maiores de 16 anos,  que queiran comezar a crear contido de calidade con impacto e estratexia...
naronengalego.gal
September 30, 2025 at 11:25 AM
Superaremos Youtubeiras+ 2024 nesta nova edición? 

👉 89 canles
👉 19.720 minutos
👉 Máis de 5.000 votos

Queres axudarnos? Inscríbete en www.youtubeiras.gal antes do 16/11. Este ano entran a concurso todas as redes!

E xa está aberto o formulario para o premio do público 🤭
October 2, 2025 at 1:04 PM
📆 O vindeiro xoves, día 9 👩‍🏫👩‍🏫 Laura (Pingando) e Nuria (Toxío) estarán en Narón cun dos nosos 🧩 obradoiros de creación de contidos. ✨
September 30, 2025 at 12:02 PM
🏆 En todas as edicións contamos cun ✨🫰 xurado de luxo e, desta volta, non podía ser diferente.
September 25, 2025 at 7:02 PM