USC
banner
usc.gal
USC
@usc.gal
🎓 Perfil oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Máis de 500 anos de historia. Máis de 500 xeracións. Ti tamén es USC. #UniversidadeUSC
📍 Santiago e Lugo
🚑 Subliñan o valor clínico das tomografías PET de tau para o diagnóstico do alzhéimer

Esta técnica, froito da sinerxía entre @cimususc.bsky.social e IDIS permite identificar con maior precisión que persoas están realmente en risco de desenvolver demencia

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
December 2, 2025 at 11:47 AM
🐟 O @cretus.usc.gal demostra a viabilidade de valorizar os efluentes das industrias láctea e conserveira de peixe mediante fermentación anaerobia

A tese de Tamara Casero realizouse no @biogroup.usc.gal

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
December 2, 2025 at 10:42 AM
🏥 Propoñen unha alternativa para a vixilancia do sobrepeso e a obesidade.

O estudo da @usc.gal e do Idis pon de manifesto a utilidade das redes centinela para a vixilancia epidemiolóxica destas afeccións, prioritarias en saúde pública.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
December 1, 2025 at 1:45 PM
📣 O horario extraordinario da @buscusc.bsky.social estenderase do 6 de decembro ao 23 de xaneiro

O estudantado contará cunha oferta de 3.400 prazas en Santiago e Lugo e a dispoñibilidade poderá consultarse en @buschorarios.bsky.social

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
December 1, 2025 at 1:18 PM
🌹 A Cátedra institucional Rosalía de Castro organiza en @filoloxiausc.bsky.social, o 11 de decembro, unha xornada na que se revelarán novos detalles biográficos sobre os anos madrileños da escritora ou o papel que xogou como anfitrioa.

Consulta todo o programa!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
December 1, 2025 at 10:37 AM
📣 O Consello de Goberno valora positivamente o acordo relativo aos estudos de Medicina e abre a vía da diálogo coa Facultade

A @usc.gal propón incrementar a súa oferta de prazas en 13 títulos de grao para o vindeiro curso académico

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 28, 2025 at 2:12 PM
🧮➕🟰♾️Wenceslao González Manteiga ingresará na @raciencias.bsky.social

O novo académico numerario estará adscrito á Sección de Ciencias Matemáticas. Parabéns 🙌

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 28, 2025 at 12:58 PM
🎉 Música, conferencias, seminarios e coloquios integran a oferta de actividades da @usc.gal do 1 ao 7 de decembro.

Xa podes consultar todo o calendario da #axendausc

🗞 www.usc.gal/gl/xornal/ev...
November 28, 2025 at 10:09 AM
🦴 A fosa de Luou foi exhumada 77 anos despois no marco do Plan de Memoria Democrática baixo a drección de @grupohistagra-usc.bsky.social e @cispac.bsky.social

Os traballos obtiveron un resultado “altamente positivo” ao atopar o que o estudo histórico anunciaba

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 27, 2025 at 1:53 PM
💊 O grupo de Toxicoloxía da @usc.gal participa nun documento de consenso sobre a submisión química.

Propón protocolos asistenciais concretos para cada situación e de aplicación en hospitais de todo o Estado.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 27, 2025 at 12:31 PM
📣 Bota a andar a vixésimo sexta edición do Premio Aresa de desenvolvemento rural

O reitor Antonio López Díaz e a presidenta de Aresa Carlota López Pardo asinaron o convenio no que se regulan as bases do certame

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 26, 2025 at 12:18 PM
📚A Facultade de @filoloxiausc.bsky.social impulsa un congreso sobre o pasado, presente e futuro das linguas, literaturas e culturas no marco do seu 50 aniversario.

Reflexionarase sobre esta disciplina na actualidade e poñeranse os alicerces de cara ás próximas décadas

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 26, 2025 at 11:21 AM
🔬 O @cimususc.bsky.social, referente internacional en tecnoloxías nucleares aplicadas á medicina.

O investigador do centro singular da @usc.gal e do IDIS Pablo Aguiar participa nunha misión oficial da ONU.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 26, 2025 at 10:56 AM
🐙 Ciencia á Feira aposta polo audiovisual e as redes sociais para achegar á cidadanía o coñecemento que xera o @campusterrausc.bsky.social

O proxecto comunitario e interxeracional de @xuvenciencia.bsky.social chega á súa terceira edición

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 26, 2025 at 10:05 AM
🟣 A @usc.gal conmemorou o Día Internacional para a Eliminación da violencia conta as Mulleres nos campus de Compostela e Lugo

Deuse lectura ao Manifesto 25N da Rede RUIGEU e gardouse un minuto de silencio, ademais de desenvolverse varias performances reivindicativas

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 25, 2025 at 1:35 PM
📣 O prazo de presentación de candidaturas nas eleccións a reitora ou reitor da @usc.gal ábrese este mércores 26 de novembro.

Consulta aquí todos os prazos 👇

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 25, 2025 at 9:34 AM
🎥 🎼Entregados os premios dos certames de Videocreación e Paisaxes Sonoras que impulsa a @culturausc.bsky.social no @campusterrausc.bsky.social

Coñece a listaxe de traballos gañadores!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 24, 2025 at 1:28 PM
📈 O galego gaña terreo nas aulas da @usc.gal

Consulta os datos extraídos do último Informe sobre o uso do galego que elabora cada curso o Servizo de Normalización Lingüística.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 24, 2025 at 12:01 PM
🍃 O @campusterrausc.bsky.social avalía a capacidade de adsorción e desorción de antibióticos por parte de distintos solos

A investigación detectou este tipo de substancias no 68% dos lodos recollidos na primavera, mentres que no outono esta cifra descendeu ao 32%

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 24, 2025 at 9:46 AM
🎓 A profesora @marilaraleixandre.bsky.social, investida honoris causa pola Universidade de Almería.

No acto, que tivo lugar este venres 21, pronunciou o discurso ‘Mensaxes das estrelas. Guías do pensamento crítico’.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 21, 2025 at 1:48 PM
🤗 Non perdas de vista todo o que a @usc.gal che ofrece na semana do 24 ao 30 de novembro!

Xa podes consultar todo o calendario de eventos na #AxendaUSC

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
November 21, 2025 at 11:50 AM
🐴 Fernando Muñoz Guzón, elixido novo decano de Veterinaria no @campusterrausc.bsky.social

Entre os seus obxectivos destaca “homologar o noso grao aos estándares europeos” e “continuar o labor realizado polo actual equipo decanal”

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 20, 2025 at 1:49 PM
🖥️ Bota a andar a Cátedra USC–Televés de Microelectrónica, o proxecto que impulsa Galicia cara ao futuro europeo do chip

Aspira a transformar o futuro da microelectrónica desde a investigación, a industria e o talento, co @citius.gal á fronte da dirección científica

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 19, 2025 at 1:59 PM
⛏️ Unha investigación da @facultadexh.bsky.social e o @cispac.bsky.social aborda as estratexias de subsistencia dos cazadores-recolectores de hai 17.000 anos

O estudo do xacemento de Valdavara 1 (Becerreá) revela a importancia do rebezo na dieta de humanos e carnívoros

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 19, 2025 at 11:40 AM
🏆 Concepción Losada: “Falar galego non debe ser unha carga senón unha vantaxe competitiva”.

A profesora recolleu o Premio Luís Porteiro Garea pola súa traxectoria a prol da lingua.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 18, 2025 at 2:04 PM