Sandra Ferreiro ~ Sindy B 🦋
banner
sandrafega.bsky.social
Sandra Ferreiro ~ Sindy B 🦋
@sandrafega.bsky.social
Autora de "Castelos de cristal"🏰 (ed. Galaxia), escribo algunha historia en galego en Wattpad e sempre ando perdida nalgunha das miñas historias. Ás veces son fada, outras bruxa e, de cando en vez, escribo 🦋🪷✨️
Este domingo (mañán) vou estar no Culturgal! Levarei pegatinas exclusivas do libro ✨️✨️✨️.
Faime moita ilusión porque é a primeira vez que vou a un evento literario así!
November 29, 2025 at 12:35 PM
Hoxe compártovos uns cachiños de Galicia en fotos, de lugares que me acompañaron nos últimos meses. Desde a chuvia sobre pontes de pedra, ata días luminosos entre flores e horizontes ✨️
July 25, 2025 at 2:59 PM
#ProxectoViridis

💚Día 6💚
(Si, saltei días, pero existiron e escribimos 💪🏽)
Onte avanzamos un pouco máis na historia. Descubrimos a existencia dos "tentemozos" e os "cabezallos" (partes dun carro), un coñecemento absolutamente inútil para a historia 😂

Nós onte documentándonos sobre cousas inútiles:
July 9, 2025 at 2:12 PM
Galicia en estado puro (o río, a chuvia, o verde...)
April 18, 2025 at 5:04 PM
"Tiña que ser triste a vida dunha estrela fugaz: existir só un efémero momento, brillar con todo ese fulgor, para desaparecer un segundo despois. Para sempre. Converterse en po esparexido polo vento" (Ruínas, en Castelos de cristal ✨️)
April 14, 2025 at 3:51 PM
O feito de que haxa dúas persoas que valorasen o libro en Goodreads e que tamén haxa dúas persoas que indicasen que o queren ler fascíname. Ver que o libro existe alén de min... Ás veces esquezo que realmente hai persoas que o están lendo 💖💖
February 16, 2025 at 3:46 PM
En 2025 espero poder continuar por fin con "Arderán as cinzas", por agora déixovos cos protagonistas, que vos desexan un bo Nadal e un bo inicio de ano! 🎄✨️
December 24, 2024 at 5:18 PM
De pre-presentación. Andamos @rush-h.bsky.social e mais eu preparando cousiñas para hoxe 🤭🏰✨️
November 21, 2024 at 5:48 PM
Por se alguén anda por Pontevedra, este xoves presento o meu libro na libraría Paz! ✨️
November 19, 2024 at 5:43 PM