Martiño Noriega
banner
martinhonoriega.bsky.social
Martiño Noriega
@martinhonoriega.bsky.social
Médico de Familia 🩺. Pai de Mara e Airas 💜. Portavoz de Anova, no pasado fun Alcalde itinerante (Teo e Compostela)
Abaixo e á esquerda (sempre), onde está o corazón.
Reposted by Martiño Noriega
Agora, segunda parte da xornada #municipalista “Artellar para transformar: do local ao nacional”

🗣️Participan: Nerea P Carballeira (concelleira Ferrol), Xulio Ferreiro (exalcalde da Coruña), Martiño Noriega (exalcalde de Compostela) e moderando Concha Fernández.
November 29, 2025 at 1:18 PM
Por iso paramos, por nós pero sobre todo por vos, xa que todo ten un límite e coa saúde non se xoga.

🩺🛑
November 23, 2025 at 10:42 PM
lanzando unha serie de medidas que empeoran a situación límite, rachando coa dualidade emerxencias/primaria, obrigando ás profesionais a facer gardas de PAC baixo a escusa dunha nova categoría, ou acelerando a incorporación á atención primaria de persoas que non fixeron Familia.
November 23, 2025 at 10:42 PM
Iso explica a demora dos tempos para conseguir unha cita e a nosa sobrecarga. Como o problema é estrutural, derivado de decisións políticas da década pasada, aos nosos responsables na Consellería de Sanidade non se lles ocorre mellor solución que forzar aínda máis a máquina,
November 23, 2025 at 10:42 PM
Hoxe, remataremos a xornada de venres presentando "Os médicos tamén enferman" ( @alvarellos.bsky.social ) na Semana Cultural do Concello de Rianxo (21 horas CsC-Auditorio)
Estades convidadas 🩺📕
November 21, 2025 at 10:39 AM
Continuamos na loita (e queremos máis). Vémonos o vindeiro 29N en Compostela
November 16, 2025 at 3:55 PM
Non "exercer" non garante que outras o fagan, alimentando o baldeiro onde emerxen os monstros do fascismo e as dereitas (que están aquí). Borrarse e subsumirse minora as cores na longa noite de pedra. Absterse e agardar non debera nestes tempos escuros ser unha opción de futuro.
November 16, 2025 at 3:55 PM
A nosa aposta responsable e xenerosa dos últimos anos pola colaboración con outro espazos hexemónicos da esquerda e o nacionalismo, non exclúe a necesidade de alimentar e multiplicar ferramentas necesarias dende hai tempo en moitos concellos para a veciñanza.
November 16, 2025 at 3:55 PM
@anovagal.bsky.social sempre entendeu moitos deses espazos como lugar de encontro de diferentes sensibilidades da esquerda social e o soberanismo na defensa do ben común, e por iso participou deles renunciando a posicións de parte.
November 16, 2025 at 3:55 PM