Marilar Aleixandre
banner
marilaraleixandre.bsky.social
Marilar Aleixandre
@marilaraleixandre.bsky.social
Escritora, naturalista, feminista
Unha conversa é interesante cando as preguntas son boas como as de Xavier Seoane e Javier Pintor. #AsBocasCosidas @galaxiaeditorial.bsky.social.
December 4, 2025 at 5:18 PM
Hoxe 4 de decembro 150 anos do nacemento de Reiner Maria Rilke

Wer, wenn ich schriee, hörte mich denn aus der Enanxosrdnungen?
 
Quen, se eu gritase, me oiría entre as ordes dos anxos?
December 4, 2025 at 10:59 AM
Hoxe, na UNED da Coruña con Xavier Seoane e Javier Pintor. #AsBocasCosidas @galaxiaeditorial.bsky.social
December 3, 2025 at 11:17 AM
4/ 7 días, Rilke 4 decembro
Warum ein Engel? Ach, es kam die Nacht
und blätterte gleichgültig in den Bäumen.

Por que un anxo? Ah, chegou a noite
e folleaba indiferente nas árbores.
Der Ölbaumgarten
December 1, 2025 at 5:36 PM
3/ 7 días, 4 decembro, Rilke.
Du musst das Leben nicht verstehen,
dann wird es werden wie ein Fest.
 
Non tes que entender a vida,
daquela será como unha festa.
November 30, 2025 at 7:42 PM
2/ 7 días, 4 decembro, Rilke.
Herbsttag
Herr: es ist Zeit. Der Sommer war sehr groß.
Leg deinen Schatten auf die Sonnenuhren,
und auf den Fluren lass die Winde los.

Señor: chegou a hora. Longo foi o verán.
Tende a túa sombra nos reloxos de sol,
e deixa soltos os ventos polas chairas.
November 29, 2025 at 6:10 PM
Deixounos Xosé Freixanes. Ademais dos cadros, fixo marabillosas portadas para a colección de poesía de @xerais.bsky.social Ablativo absoluto, que dirixía @franalonso-gal.bsky.social. Aquí “Poemas da cidade oculta” do Estevo Creus e “Muller ceiba” de Sandra Cisneros, que traducín eu. Tempos.
November 29, 2025 at 6:06 PM
1/ 7 (días) 4 decembro, 150 anos do nacemento de Rainer Maria Rilke. En 2026 serán cen anos da súa morte; EOI Santiago.
Reiten, reiten, reiten,
durch den Tag, durch die Nacht, durch den Tag.
Cabalgar, cabalgar, cabalgar
a través do día, a través da noite, a través do día.
duck://player/EVBiHqv6V6E
November 28, 2025 at 5:06 PM
O mércores 3 na Coruña será un pracer conversar con Xavier Seoane e Javier Pintor sobre “As bocas cosidas” e “As malas mulleres” que tanto saben de literatura. Na @uneduniv.bsky.social da Coruña, @galaxiaeditorial.bsky.social Centro de Formación e Recursos.
November 28, 2025 at 4:34 PM
Benvida a edición #LecturaFácil de “As malas mulleres” @galaxiaeditorial.bsky.social uníndose á orixinal, a “Las malas mujeres” Xordica, “Les males dones”, traducido por Sebastià Portell @bromera.bsky.social e “Emakume Gaiztoak” traducido por Patxi Zubizarreta, en Alberdania. A por máis lectorxs.
November 26, 2025 at 10:22 AM
25N, Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Comercios de Santiago de Compostela e por ex. Cee, seguen utilizando os carteis de “En negro contra as violencias”, promovida por @compostelaberta.bsky.social en 2015 e adoptada por + de cen concellos. Por que se cancelou @pazoderaxoi.bsky.social?
November 25, 2025 at 11:39 AM
A mesa de onte con @uxionovo.bsky.social Miguel Cabo Villaverde, Emilio Grandío, Eliseo Fernández e mais eu. E a preciosa bandeira republicana da Casa Museo Casares Quiroga.
November 12, 2025 at 4:00 PM
Hoxe na Casa Museo Casares Quiroga, participo na mesa redonda “Castelao: Democracia e República”. Falarei da capacidade de Castelao para as alianzas. Organiza a Fundación Castelao.
November 11, 2025 at 12:33 PM
Antonio Caeiro presenta #Lola
November 10, 2025 at 5:19 PM
Hoxe en @cineuropa.bsky.social o documental Lola, sobre Lola González Rodal, de Antonio Caeiro, autor de #Aillados, sobre o campo de concentración en San Simón. #OFaiadoDaMemoria.
November 10, 2025 at 4:27 PM
Na Igrexa da USC @elbarroquista.bsky.social e Sara Rubayo no medio do barroco.
November 6, 2025 at 7:41 PM
2025, 150 anos do nacemento de #ThomasMann. Grande narrador e comprometido politicamente na crítica a Hitler e os nazis. Nos anos 50 sufriu o acoso contra os roxos en EEUU. Esta marabillosa novela gráfica: Thomas Mann 1949. Rückkehr in eine fremde Heimat (Regreso a unha patria estranxeira).
November 5, 2025 at 2:40 PM
Hoxe no Museo do Pobo Galego, faladoiro de @guerraenlauni.bsky.social do @incipitcsic.bsky.social sobre as súas investigacións no Corno de África.
October 30, 2025 at 11:04 AM
Quen enganou a camelia? Non debería florear en outubro.
October 26, 2025 at 7:11 PM
Lin estes relatos de @ibanz.bsky.social “Como si todo hubiera pasado” @galaxiagutenberg.bsky.social, porque @edurneportela.bsky.social no seu ensaio “El eco de los disparos” (lédeo, é dos mellores ensaios dos últimos anos) o recomendaba por non ser maniqueo. Empatía cos personaxes, humor, lucidez.
October 20, 2025 at 9:28 AM
É un pracer ler todo o que escribe @diegoameixeiras.bsky.social, un dos mellores narradores galegos. A novela “Un anarquista” @xerais.bsky.social pode ser considerada “negra” (ai, as modas), sempre lembrando que a boa novela negra leva dentro crítica social.
October 20, 2025 at 9:28 AM
Ana Blandiana, escritora de Romanía, sendo máis coñecida como poeta, é unha magnífica narradora. Os relatos de “Proyectos de pasado” (Periférica) son ácidos, divertidos, tenros. Premio Princesa de Asturias 2024, a ver cando lle dan o Nobel.
October 20, 2025 at 9:28 AM
A primeira novela da poeta e xornalista @margatojo.bsky.social “Sarela” (en galego). Premio SELIC. Acompañoume en agosto e apañou auga de chuvia. Unha historia dura e apaixonante. O acoso, a trata.
October 20, 2025 at 9:28 AM
De literatura (a diferenza de entretemento). Algunhas novelas e relatos que son boa literatura: “Una belleza terrible” de @edurneportela.bsky.social e @joseovejero.bsky.social @galaxiagutenberg.bsky.social Escribín sobre ela en @publico.es
www.publico.es/opinion/colu...
October 20, 2025 at 9:28 AM
O sábado 18 GÁLIX homenaxeou a Manuel Figueiras, unha persoa que é todo xenerosidade e compromiso.
Un acto emocionante.
October 19, 2025 at 8:49 PM