Gab
banner
gablopb.bsky.social
Gab
@gablopb.bsky.social
🌑
Pinned
Empeza o guión de regreso do 20N "De la Ley a la Ley".

Condenar sen probas un fiscal do Estado é pura tese Aznar: se o goberno é "ilexítimo", un golpe de Estado restaura a legalidade. Outra vez.

E por suposto puritita Ayuso: "si te metes con mi novio es delito. El que inventemos yo y mis compis".
November 20, 2025 at 2:09 PM
por favor por favor qué nervios cando a UCO descubra quen era M.Rajoy
a woman wearing a pink fur coat and earrings is making a surprised face .
ALT: a woman wearing a pink fur coat and earrings is making a surprised face .
media.tenor.com
November 20, 2025 at 9:50 AM
Se as urnas volven cumprirá lembrar ás divinas siglas da esquerda en Madrid aquel seu chamamento a nacións enteiras á unidade ("queremos que Cataluña siga formando parte de España" etc.).

Porque será clave -dunha previsíbel vitoria da ultradereita- a súa incapacidade para unir dous míseros egos.
November 18, 2025 at 8:52 AM
Pregúntanse por que a xente nova non sabe nada sobre o franquismo os mesmos que hoxe publican, en exclusiva para suscripción de pago, o testemuño dun home que sufriu torturas.

Sonvos os mesmiños que subvencionaron o ensino relixioso, ADN franquista, desde Felipe González (1982) ata hoxe.

CÍNICOS
November 17, 2025 at 7:10 PM
Rueda anuncia que "se unirá' Ribadeo e Tui mediante un camiño que se poderá facerse en bici ou a pé. Un total de 1300 km.

O orzamento inicial son... 200.000 euros! 😂😂 Quince céntimos por metro. A ver se aguanta a desbrozadora.
November 16, 2025 at 2:56 PM
O xuízo a todo un fiscal do Estado semella o comezo dun xuízo á "Transición".

Se o condenan, os tribunais europeos derivan -coma na amnistía catalá- en último e precario garante de que o "de la Ley a la Ley" de 1975 non volve proclamarse. Pero esta vez en sentido inverso.

Trump move xa esas pezas.
November 16, 2025 at 12:50 PM
Un dos que comen palomitas mirando na TV o xuízo contra o fiscal do Estado é Núñez Feijoo. A vida sorrille: eliminado Moreno Bonilla da carreira á Moncloa, a absolución de García Ortiz iniciaría a caída de Ayuso. E se o condenan, perde o PSOE pero o fin da súa gran rival só se adiará uns meses.
November 14, 2025 at 8:33 AM
Oh, pobre tortilla de patacas, nunca debes chamarte española! Pq:

-ovos xa había. E será por ovos

-as 1ªs patacas baixaron a portos galegos, foron cultivadas en terra mariñá

-a cebola? Pois unha posibilidade. Dependía do que houbese na casa, ninguén discute algo así no s. XVI

Tortilla galega!
November 13, 2025 at 6:12 PM
O xuíz Peinado prepara un expediente contra Begoña Gómez pola exección de masa coronaria solar e a UCO investiga a Pedro Sánchez como principal responsábel de non investir medios públicos para a implementación dun Escudo Magnético Español de Defensa. Silencio hipócrita de Felipe VI.
November 13, 2025 at 8:13 AM
O fiscal xeral do Estado, principal sospeitoso de que MAR inventase e difundise noticias falsas para encubrir un delito recoñecido pola parella de Díaz Ayuso, partícipe necesaria nun acto de corrupción en contrato público durante a pandemia, probablemente para encubrir 7192 homicidios.

Por resumir.
November 12, 2025 at 8:36 AM
Ninguén vai relacionar o rauto espiritual de Rosalía (a deles) co da Madonna en Like a prayer?
November 10, 2025 at 3:02 PM
intentando coma bon boomer adatarme a linguaxe dos chios que non pon acentos nin pausas que se parece aos monologos interiores que liamos na literatura vella but with some joke en ghuachimén a ver se parezo algo novo ou tal
November 9, 2025 at 9:18 PM
O que non se entende é que a Ayuso vaia ao hospital por unha cagarria. Nas anteriores os médicos pensaron que estaba razoando.
November 9, 2025 at 4:58 PM
No seu imprescindíbel esforzo de reivindicación da identidade nacional, La Voz de Galicia conta hoxe que "al quedar aislado del resto de España" (aquela España con capital provisional en Atapuerca) o ADN galego posúe "efectos fundadores".

De enfermidades.
November 9, 2025 at 8:44 AM
—E ti que fas?
—Eu fago diálogos paveros no bluesky.
—Podes poñer un exemplo?
an ostrich and a turkey are running in a dirt field with the words viralhog written on the bottom
ALT: an ostrich and a turkey are running in a dirt field with the words viralhog written on the bottom
media.tenor.com
November 8, 2025 at 8:07 PM
Hoxe o editorial de La Voz de Galicia dá "tres claves sobre el monte gallego". Chámano "monte": o subconsciente.

Mañá explicarán como se unifican a astronomía e a física de partículas, polo mesmo prezo e co mesmo grao de coñecemento.
November 8, 2025 at 3:23 PM
Por unha morbosidade difícil de explicar fun á web de El Mundo buscar algún recunchiño do scroll con algunha nota cativa sobre o procesamento da parella de Ayuso. E nada. Son vidente ou masoca de sexta feira?
November 7, 2025 at 7:47 PM
Siro López contra a UPG por "radical" e "terrorista" no xornal que vive das publirreportaxes de Altri, chama "guerra" o xenocidio e "ataques con vítimas" as execucións de Trump.

O caricaturista de Manuel Fraga, outro candidato a Nobel da Paz, xustifica así o salario. Que o PP non te mantén gratis.
November 1, 2025 at 8:36 AM
A vitoria de Milei debería suxerir a Europa que o de "canto peor, mellor" foi ao carallo. Que o pensar antano revolucionario quedou aí, no seu propio onte: clase obreira industrial homoxénea, partidos socialistas e comunistas fortes, sindicatos de clase.

A ver se espertamos a este século. Fodido.
October 27, 2025 at 2:20 PM
Estamos a nada de que empecen a morrer Vanessas.
October 27, 2025 at 1:32 PM
Reposted by Gab
October 24, 2025 at 2:44 PM
Outro para os grandes éxitos de La Voz de Galicia: Paloma Lago, de vítima a agresora sexual (do disco "O PP e o inconsciente") por unha preposición www.lavozdegalicia.es/noticia/gali...
October 16, 2025 at 7:16 PM
O máis terríbel da letra de Teo Cardalda, ademais do espolio de diñeiro público que conleva, é a arritmia.

As sílabas empeoran en cada liña ata facernos sentir nostalxia da orde acentual do que se declama por megáfono nos postos do feirón de Pontedeume.

E será por poetas neste país, Alfonso.
October 15, 2025 at 3:01 PM
TRADUTOR SIMULTÁNEO DE TITULARES PARA RTVG / LA VOZ GALICIA

Tránsfugas que violentan a soberanía das urnas para implantar gobernos do PP: concelleiros díscolos.

Concelleiros/as que cambian o seu voto para arrebatar o bastón da alcaldía ao PP: tránsfugas. Violentan a soberanía popular.
October 12, 2025 at 2:29 PM
Nin a limpeza étnica se detén aquí nin Trump deixa de ser o seu patrocinador.

O que estamos vendo é como se deteñen movementos de contestación que apuntaban pola esquerda un bosquexiño de estrutura mundial.

Desmobilizar para continuar a tarefa ao ritmo lento e implacable que deseñou o sionismo.
October 10, 2025 at 8:26 AM