Fóra de Mapa
banner
forademapa.bsky.social
Fóra de Mapa
@forademapa.bsky.social
O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas
En 🇮🇹 moitas linguas teñen a consideración legal e social (tamén entre os seus falantes) de dialectos. Por moito que estas linguas non veñan do italiano nin que se asemellen gran cousa a este idioma, como por exemplo 👇

De onde credes que son estes falantes?
December 7, 2025 at 9:33 AM
En 🇫🇮, a comisión para a verdade e reconciliación ven de publicar o seu informe sobre a histórica discriminación do pobo sámi e que recolle 68 medidas pra reparar as inxustizas sufridas.

O 1º ministro 🇫🇮 afirmou que o estado se disculpará oficialmente
www.france24.com/en/live-news...
Truth commission urges Finland to rectify Sami injustices
Finland must rectify injustices committed against the indigenous Sami people, a truth and reconciliation commission said on Thursday as it finalised a report after four years' work.
www.france24.com
December 5, 2025 at 11:27 AM
Hoxe en 1977, un ano antes de aprobarse a constitución en vigor, os xogadores do Celta saían ó campo portando a bandeira galega pra demandar un estatuto de autonomía.
December 4, 2025 at 8:49 AM
Andorra aproba o seu 1º plan de normalización lingüística 2026-2028 pra promover o catalán.

Entre outras medidas, o principado reforzará o ensino de adultos e establecerá axudas ós creadores de contido en catalán e incorporará campañas de sensibilización
www.vilaweb.cat/noticies/and...
Andorra aprova el primer Pla d’Acció Nacional per a reforçar el català amb vint-i-dues mesures fins el 2028
El govern qualifica el dia d'històric i opta per ampliar la formació, incentivar l’ús social de la llengua i coordinar totes les institucions
www.vilaweb.cat
December 3, 2025 at 8:53 AM
Hoxe é o día nacional de 🇷🇴 co que so conmemora a unión do país en 1918 coa incorporación de Transilvania e máis Besarabia e Bucovina.

A 1ª é até hoxe parte do estado romeno, Besarabia e o norte de Bucovina foron anexionadas pola URSS no 1940 e hoxe son parte de 🇲🇩e🇺🇦.
December 1, 2025 at 3:06 PM
Desde hoxe o gaélico escocés e máis o scots son idiomas oficiais en Escocia.

A 1ª é unha lingua celta falada no norte das Highlands e máis nas illas Hébridas exteriores.

O scots é a lingua xermánica propia de Escocia, irmá do inglés e que foi evoluíndo canda esta
www.bbc.co.uk/news/article...
Gaelic and Scots now recognised as official languages
The milestone is one of a number of new measures taking effect on St Andrew's Day from the Scottish Languages Act.
www.bbc.co.uk
December 1, 2025 at 9:25 AM
Boa nova no 🇬🇧 onde o goberno recomendou establecer o maior nivel de protección pra lingua córnica, a mesma que a que teñen galés, irlandés e gaélico escocés.

A lingua córnica "morreu" a finais do séc. XVIII pero desde hai décadas vive un rexurdimento

www.bbc.com/news/articles/cqxq98n8ne8o.amp
Cornish language set to get top level protection - BBC News
It requires the promotion of the language in areas like education, the justice system and culture.
www.bbc.com
November 29, 2025 at 9:48 AM
Onte na Conference League xogaron o Drita de 🇽🇰e o Shkëndija de Tetova, a cidade máis albanesa de 🇲🇰. E va que foi unha festa de confraternización.

Mesmo cantaron Mora fjallë un himno dos afeccionados albaneses de 🇦🇱🇽🇰e 🇲🇰.

A relixión dos albaneses é o nacionalismo albanés.
November 28, 2025 at 12:07 PM
Hoxe 🇦🇱 cumpre 113 anos. Xurdida no caos da 1ª guerra balkánica, o estado albanés tivo que facer moitos equilibrios durante anos pra sobrevivir como país independente e cunhas fronteiras relativamente amplas.

Durante décadas 🇬🇷🇮🇹 e 🇷🇸 pretenderon anexionarse anacos do país
November 28, 2025 at 9:03 AM
Pasado mañán o @rccelta.bsky.social xoga en Razgrad 🇧🇬 contra o Ludogorets. É posible que os que visitedes a cidade vos sorprenda atopar mezquitas nun país de maioría cristiá ortodoxa.

O certo é que o 48% da poboación da provincia de Razgrad é musulmá e de etnia turca.
November 25, 2025 at 10:00 AM
Hoxe hai xustamente 30 asinábanse os acordos de Dayton cos que se lograba a paz en 🇧🇦.

Unha paz fráxil, sen reconciliación entre serbios, croatas e bosníacos en moitos casos arrepentimento polos crimes cometidos e co que se creou a 🇧🇦actual, un estado capturado pola clase política de base étnica.
November 21, 2025 at 12:14 PM
Coñecedes ós nómadas 🇮🇪? Son 35K e forman a minoría máis pobre e discriminada da 🇪🇺.

Etnicamente son irlandeses, eran fundamentalmente ferreiros e quincalleiros ambulantes que desenvolveron até hoxe unha cultura, lingua, o shelta e unha identidade de seu
www.youtube.com/watch?v=r5iw...
Los nómadas irlandeses | ARTE.tv Documentales
YouTube video by ARTE.tv Documentales
www.youtube.com
November 19, 2025 at 9:02 AM
Hoxe en 1991 remataba a batalla de Vukovar 🇭🇷, a maior en solo europeo desde a IIGM até a guerra de 🇺🇦.

O exército iugoslavo venceu de forma pírrica ás unidades da recentemente independizada 🇭🇷.

A cidade ficou en ruínas e a poboación croata (47% dos habitantes) foi expulsada.
November 18, 2025 at 9:01 AM
Este fin de semana hooligans de 🇷🇴 foron a 🇧🇦pra seguir a súa selección de fútbol. Polo camiño deulles por mostrar pancartas e cantar consignas xenocidas.

Curiosamente no partido 🇧🇦vs🇷🇴 Esmir Bajraktarevic un bosníaco de Srebrenica meteu o gol que confirmaba a victoria de 🇧🇦
November 16, 2025 at 8:54 AM
Hoxe, en 1944 a URSS executaban a deportación dos turcos de Meskhetia a Asia Central.

Esta minoría duns 100K vivía na actual 🇬🇪 e foi expulsada das súas terras porque ó Kremlin non lle prestaba ter turcos nesa rexión de fronteira.

Cando menos 12K morreron na deportación.
November 14, 2025 at 5:11 PM
Hoxe en 1660 asinábase o tratado de Llíviaco que a coroa 🇪🇸 cedía a 🇫🇷 as aldeas da Cerdanya alén dos Pirineos.

Cando os representantes de cadanseu monarca asinaron o tratado déronse conta que Llívia tiña o título de vila, quedando como un exclave rodeada de territorio 🇫🇷
November 12, 2025 at 9:10 AM
Hoxe hai 32 anos as forzas da separatista Rep. 🇭🇷 de Herzeg-Bosnia destruian a icónica ponte de Mostar. Nesa altura da guerra de 🇧🇦 as forzas croatas entraran en conflito coas bosníacas.

A ponte fora construída durante o dominio otomano do país no séc. XVI
November 9, 2025 at 8:35 AM
Hoxe en 1659 asinábase a Paz dos Pirineos, que puxo fin á guerra entre 🇫🇷🇪🇸 e fixo que territorios como a Catalunya Nord pasasen a 🇫🇷.

Dende entón, esta rexión catalanófona forma parte do estado 🇫🇷, e nas últimas décadas o uso do catalán caeu rapidamente até ~25% da poboación
November 7, 2025 at 9:24 AM
Hoxe o Celta xoga contra o @gnkdinamo. Un equipo cun pasado complexo, como o da propia 🇭🇷.

Fundado en 1911 como HŠK Građanski Zagreb, tivo que refundarse co nome Dinamo Zagreb en 1945 logo do triunfo na IIGM dos partisanos de Tito e a creación da Iugoslavia socialista.
November 6, 2025 at 10:35 AM
Onte foi o día internacional da lingua romaní, con 4M de falantes e usada en media Europa polo pobo xitano.

O idioma só é oficial a nivel local en 2 municipios un de 🇽🇰 e outro de 🇲🇰, e porén ten protección legal nunha chea de estados: 🇦🇹🇨🇿🇫🇮🇳🇱🇳🇴🇷🇴🇸🇮🇸🇰🇸🇪🇺🇦🇧🇦🇩🇪🇭🇺🇲🇪🇷🇸 e 🇵🇱
November 6, 2025 at 8:23 AM
Boas novas na "tolerante" 🇫🇷, o tribunal de apelación de Rennes permitiu a un neno bretón chamarse Fañch.

En francés non existe o ñ, e até agora non é posible rexistrar a unha persoa cun nome con esta letra bretoa, ou con ú como o occitano Artús.
www.tf1info.fr/societe/affa...
Affaire du prénom breton Fañch : la cour d'appel rend son tilde à un petit garçon lorientais | TF1 INFO
[VIDÉO] La cour d'appel de Rennes a validé l'utilisation du tilde (~) dans le prénom breton Fañch, a annoncé lundi l'avocat des parents du petit garçon. La juridiction confirme ainsi la décision d'une...
www.tf1info.fr
November 4, 2025 at 2:48 PM
🇬🇷 e 🇨🇾 comparten himno nacional desde 1966, unha decisión que non tivo en conta á comunidade turca.

Curiosamente, en 1975-1977 🇷🇴 e 🇦🇱 tamén tiveron o mesmo himno (con letra diferente), esta melodía escrita en 1880 por Ciprian Porumbescu 👇
www.youtube.com/watch?v=u5Yr...
Pe-al nostru steag e scris unire (versuri)
YouTube video by IstRomanilor
www.youtube.com
November 4, 2025 at 9:37 AM
Hoxe, en 1991, Chechenia aprobaba a súa declaración de soberanía, converténdose de facto nunha república independente.

A URSS —e logo 🇷🇺— tiñan entón problemas máis graves que atender, polo que apenas impuxeron un embargo comercial e económico ao novo país.
November 1, 2025 at 9:23 AM
Na Pomerania 🇵🇱 había un lugar que estaba literalmente fóra de mapa e non apareceu nel até o final do período comunista.

Borne Sulinowo era un enorme complexo militar segredo e pechado ós paisanos da contorna, herdado dos tempos do II Reich alemán
www.bbc.com/reel/video/p...
The 'invisible' Soviet town that suddenly appeared in Poland
At the end of the Cold War, the town of Borne Sulinowo suddenly appeared on the map in northwestern Poland.
www.bbc.com
October 31, 2025 at 12:35 PM
Onte houbo eleccións en 🇳🇱 e no fragmentado escenario político destaca un partido pola súa estabilidade.

O SGP que representa as facción máis ortodoxas e conservadoras do calvinismo concentradas no cinto bíblico do país obtivo, como é habitual, 3 deputados.
October 30, 2025 at 8:01 AM