Ana Pontón
banner
anaponton.gal
Ana Pontón
@anaponton.gal
Nai de Icía
🗣️ Portavoz Nacional do BNG
🩵 Amor e confianza en Galiza.

En Telegram ➡️ http://t.me/PontonBng
Neste 6-D reivindicamos o legado do Partido Galeguista e de Castelao. No BNG defendemos, como fixeron eles, un novo status político para Galiza como nación, un autogoberno real que nos permita mellorar a vida das galegas e dos galegos.
December 6, 2025 at 2:10 PM
En Vigo, nunha desas algaradas que tanto molestan ao Goberno do PP en defensa da sanidade pública, para recordarlle a Rueda que os recortes matan e que as privatizacións poñen o negocio privado por riba da saúde.

Sanidade pública, sempre!
December 4, 2025 at 8:18 PM
Coas traballadoras do Centro de Orientación Familiar de Orillamar na Coruña, no que o Goberno do PP leva anos desmantelando servizos.

Por iso, defenderemos unha emenda aos Orzamentos de 500.000 € para dotar este COF e o do Ventorrillo dos medios e persoal que precisan.
December 4, 2025 at 5:53 PM
Señor Rueda: menos bulos, máis vivenda.
December 3, 2025 at 1:21 PM
Non estamos para aceptar o que non podemos cambiar, senón para cambiar o que non podemos aceptar.

Despois desta Asemblea Nacional de @galizanova.gal só teño palabras de recoñecemento para a saínte dirección e desexolle moito ánimo á nova dirección nacional, encabezada por Artai Gavilanes.
November 30, 2025 at 12:39 PM
Un ano máis no Culturgal, a maior feira das industrias culturais.
November 29, 2025 at 8:29 PM
Carballo, a tope.
November 27, 2025 at 1:56 PM
Violencia machista: nin un paso atrás.
Hoxe, na manifestación do #25N en Compostela.
November 25, 2025 at 8:12 PM
Este 25N, todas contra o negacionismo machista.
Por todas as que falaron, pero non foron escoitadas.
Por unha Galiza de mulleres libres e iguais.
November 24, 2025 at 3:16 PM
Hoxe, no Barco, saímos á rúa coa veciñanza de Valdeorras para dicirlle alto e claro ao Goberno do PP que xa abonda de recortes e privatizacións na sanidade pública.

Orgullosa de defender xunto á cidadanía da comarca o dereito á saúde que teñen as persoas, vivan onde vivan.
November 22, 2025 at 7:30 PM
Arrancamos no Consello Nacional a preparación das próximas eleccións municipais e fixamos para o primeiro semestre de 2026 a elección dxs candidatxs nas cidades.

Traballamos co obxectivo de seguir ampliando a nosa base social para liderar un proxecto de País. Avante compañeirxs!
November 22, 2025 at 2:13 PM
Cxs compañeirxs de Salvaterra, coñecendo de primeira man o importante potencial do tecido económico do concello.

Tamén tiven a oportunidade de reunirme coa comunidade educativa para tratar as necesidades dos centros de ensino, porque unha educación pública de calidade é sinónimo de futuro.
November 21, 2025 at 4:52 PM
Visitando Xilonor, exemplo das empresas que Galiza precisa: sustentable, tecnolóxica, que pecha ciclos produtivos creando valor engadido e emprego de calidade. Un referente no sector forestal-madeireiro.

Grazas por abrirnos as portas para coñecer este proxecto industrial.
November 20, 2025 at 5:30 PM
O que está en xogo é a túa saúde.
November 19, 2025 at 6:04 PM
Recibimos hoxe á ceramista coruñesa Verónica Moar, que acaba de recoller un prestixioso premio na cidade de Jingdezhen, capital da porcelana china, pola sua obra "O que queda".
November 19, 2025 at 12:17 PM
Como pensades que responderá Rueda á folga en defensa da atención primaria?
November 19, 2025 at 11:09 AM
Intensa viaxe a Uruguai e Arxentina, países aos que nos une a diásposa, que tanto aportou e segue aportando á construción dunha Galiza mellor.

O BNG ten a man tendida a esta gran colectividade para ser parte activa no futuro do noso País.
November 17, 2025 at 5:05 PM
Homenaxe a Castelao, 1º PTE no exilio, cuxos ideais para Galiza están máis vixentes que nunca.

Agradecemento enorme á Federación de Asociacións Galegas en Arxentina por convidarme a este acto co admirado Pérez Esquivel, e parabéns a Gabriel Hernán pola obra.

Galiza, sempre!
November 16, 2025 at 5:18 PM
Unha honra abrazar a Taty Almeida, referente de 𝐌𝐚𝐝𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐏𝐥𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐌𝐚𝐲𝐨, incansable defensora dos dereitos humanos desde tempos moi escuros da historia arxentina.

Grazas Somos Radio AM 530 por acoller este encontro.
November 15, 2025 at 8:57 PM
Tiven a oportunidade de conversar con Cristina Kirchner, coa que compartín a preocupación polo avance da extrema dereita, as prácticas de lawfare que ela mesma sufriu e a ameza que supón para a democracia.

Nin un paso atrás na defensa da xustiza social e dun mundo mellor!
November 15, 2025 at 2:55 PM
Galiza e Arxentina, unidas pola diáspora.

Temos as portas abertas para todxs xs galegxs que queiran volver 🩵🤍
November 15, 2025 at 2:28 PM
Emociona moito estar na Arxentina e sentir Galiza tan preto.

Encontro coa colectividade do Centro Galego de Bos Aires.
November 15, 2025 at 12:32 PM
Lucía Topolansky, sempre.
November 14, 2025 at 6:06 PM
Encontro co presidente Yamandú Orsi, para estreitar lazos entre Galiza e Uruguai.

O proxecto de goberno do BNG comparte co do Frente Amplio que a política debe ser unha ferramenta a favor das maiorías e da xustiza social.

Galiza e Uruguai, irmandadas polos galegxs da diáspora.
November 13, 2025 at 9:33 PM
En Uruguai, tiven oportunidade de destacar o excelente nivel do noso sector naval.

Grazas a Canal5 por convidarme aos seus estudios.
November 13, 2025 at 1:29 PM