Shen Aneghbre 🇵🇸
banner
aghbroshen393.bsky.social
Shen Aneghbre 🇵🇸
@aghbroshen393.bsky.social
Gata Cattana - "Banzai"
Si, podes botar de menos a alguén que nunca coñeciches.
December 7, 2025 at 5:05 AM
A única delincuencia asociada á migración é a dos empresarios, que se aproveitan da situación de vulnerabilidade destas persoas para explotalas, utilizalas como man de obra escrava e lucrarse do seu esforzo. Sen recoñecemento de dereitos nin xustiza social sempre haberá malnacidos que abusen.
December 5, 2025 at 10:47 PM
A liberdade de regalarlle millóns á concertada e á privada, para asegurar esa neutralidade ideolóxica que educa ovellas e futuros votantes, non vaia ser que haxa xente que pense por si mesma, sexa crítica e acabe dándose conta do que hai. Porque claro a malvada esquerda adoutrina.
December 5, 2025 at 8:02 AM
Nunca os verás na loita contra a violencia machista, nin a carón das vítimas nin do feminismo e menos respectando dereitos, son unha panda de misóxinos que goberna desde a cultura da violación. Iso si, se para favorecer os seus intereses teñen que utilizar ás vítimas, fano e do xeito máis miserábel.
December 4, 2025 at 3:10 PM
Sabes que a democracia está moi lonxe de selo cando o suposto líder do PP, que desde que está en política non fixo máis que trincar,desprezar calquera mínimo avance social cun clasismo noxento e que sementa odio co discurso racista, pódese presentar ás eleccións en nome dun partido mafioso.
November 30, 2025 at 2:41 PM
O de sempre con esta carcundia, servilismo co seu partido corrupto e desprezo profundo polo país que gobernan, demostrando que están ben amaestrados, que a eles a sumisos non hai quen lles gane. A mafia asubía desde Madrid e estes obedecen correndo, como non.
November 30, 2025 at 1:37 PM
Para que vai ter a tele pública un programa que fale de diversidade sexual, identidade, con perspectiva de xénero e desde un punto de vista feminista se pode facer esta pedazo de merda, cutre, casposa e máis parecida a un casting de Torrente. Esteso e Pajares estarían orgullosos.
November 29, 2025 at 10:40 PM
A tele do réxime utilizando o desastre provocado pola xestión neglixente do goberno de Rueda, para branquealo, facer propaganda e intentar que todo se vaia esquecendo. Alí por onde pasa o cacique, todo resolto. Para isto secuestran os medios públicos. Cada día son máis rastreiros.
November 29, 2025 at 2:21 PM
Roubarlle a un oligopolio que se enriquece vendendo produtos de primeira necesidade e aproveita calquera excusa para subir os prezos e forrarse coa marxe de beneficio, non é roubar é un mínimo de xustiza social, máis cando se fai por necesidade. E telepp como sempre, sendo a voz do seu amo.
November 29, 2025 at 12:27 AM
Aquelarre friqui convocado polo amigo do narco, que está nun partido fundado por criminais franquistas, feito basicamente para delinquir e que funciona como unha banda mafiosa. Ten a neurona xusta para pasar o día e a autoridade moral dun mosquito.
November 27, 2025 at 11:21 PM
Utilizar a hipersexualización da muller como cebo para enganchar audiencia é do máis machista, penoso e denigrante que fixeron na teleghaita. E todo rematado cun humor que apesta a rancio. A decadencia feita televisión pública.
November 26, 2025 at 10:57 PM
🙊
November 26, 2025 at 3:23 PM
Sabía da denuncia a Villares por agresión sexual e encubriuno durante meses, despediuno con homenaxe e ovación e colocouno nun posto feito a medida, ademais de menosprezar ás vítimas e minimizar a violencia machista. Aparte de hipócrita é un negacionista. Non hai excusas, hai que botalo.
November 25, 2025 at 8:40 PM
Recupera, por suposto, porque cada alcaldía perténcelles por lei natural e claro teñen que corrixir a anomalía que supoñen as eleccións cando non lles dan o poder, untan a un par de tránsfugas e todo amañado. A mensaxe é clara, para que hostias se vai votar se xa hai caciques que mandan.
November 25, 2025 at 1:20 PM
Gobernar desde a cultura da violación para negar a violencia machista. Recortar dereitos, privatizar servizos básicos, poñerse do lado do agresor, encubrilo e así ata invisibilizar ás vítimas e facer como se non pasara nada. Non é algo illado, é unha constante en Rueda.
November 24, 2025 at 11:22 PM
PP: organización mafiosa que protexe os seus intereses usando métodos ilícitos e inmorais. Buscan o poder a través da corrupción da xustiza, da policía e dos medios, para influír na sociedade e mentres sigan aí é imposíbel que haxa nada parecido a unha democracia.
November 24, 2025 at 3:24 AM
As que co seu silencio apoiaron a un agresor sexual, que pertencen a un partido que está contra o aborto, a igualdade e calquera avance nos dereitos da muller, que compra o discurso que nega a violencia machista, aquí falseando a historia. A sección femenina apropiándose de Rosalía é aberrante.
November 23, 2025 at 8:05 AM
Para o tipo que se manifestaba a carón dos fascistas en contra do galego, que se negou a apoiar a súa oficialidade na UE e que despreza profundamente o país que goberna, claro que é un éxito. É exactamente o que busca, un país sen identidade, sen memoria e sen voz.
November 22, 2025 at 2:11 PM
Polo que sexa esqueceron dicir que era un dictador fascista, golpista e xenocida, que Fraga era un criminal que asinou penas de morte, que ningún franquista foi condenado e que o terrorismo de extrema dereita mataba. Iso si o bulo de que hai democracia grazas ao Borbón franquista, que non falte.
November 21, 2025 at 5:56 AM
Condenado sen probas. Así seguen co golpe de estado xudicial, deixando ben claro que van ir a por calquera e facer o que sexa para que goberne a extrema dereita de ppvox. Enésima demostración de que as institucións xudiciais apestan a franquismo. Este era o día escollido, para que van disimular.
November 20, 2025 at 2:02 PM
Xusto a tempo para protexer o negocio.
November 20, 2025 at 1:38 PM
Entre divulgar o idioma, a cultura e a historia do país ou perpetuar o machismo, cun cromañón babeando mentres cosifica o corpo dunha muller, na teleghaita téñeno clarísimo, nin media dúbida.
November 19, 2025 at 6:55 AM
Son fundamentais para a prevención e bótanos cando hai que comezala. É o xeito máis eficaz que atopou o goberno de Rueda para que se repita o desastre e demostrar, unha vez mais, que son un perigo xestionando e que lles importa unha merda que o país arda e as súas consecuencias.
November 18, 2025 at 10:35 AM
Gata Cattana - Los siete contra Tebas.
November 18, 2025 at 4:35 AM
Non é xente abusando das urxencias, é o modelo criminal do PP, que busca deteriorar e desprestixiar a sanidade pública e xustificar a súa privatización. Mentres, a atención primaria abandonada e listas de espera eternas. Aquí quen poida pagará, como sexa, para ser atendido, quen non, mala sorte.
November 18, 2025 at 2:58 AM