Brazaletes, cando o teatro homenaxea aos xogadores de fútbol que desafiaron o Franquismo
Javier Castiñeira, actor de AmorOdio Teatro, leva adiante a obra 'Brazaletes', un monólogo onde o intérprete representa doce personaxes en diferentes momentos da historia española recente. Inspirándose no acto de dous xogadores do Racing de Santander en 1975. Aitor Aguirre e Sergio Manzanera saltaron ao campo con brazaletes negros en sinal de loito polos últimos fusilados do franquismo.