Alberto Varela Paz
banner
avarelavilagarcia.bsky.social
Alberto Varela Paz
@avarelavilagarcia.bsky.social
33 followers 7 following 320 posts
Alcalde de Vilagarcía de Arousa. Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Posts Media Videos Starter Packs
Rematamos unha nova edición do Curtas, chea de terror, maxia e ilusión. Noraboa aos premiados desta edición e a todo o equipo do Festival para que Vilagarcía sexa a capital do cine nestas datas.

Longa vida ao Curtas!
A campaña Vilagarcía 100% foi todo un éxito. Este programa permite coñecer a nosa cidade e a nosa xoia natural e patrimonial que é a Illa de Cortegada. A partir de mañá podedes realizar a reserva para as últimas actividades deste mes

www.lavozdegalicia.es/noticia/arou...
La campaña «Vilagarcía 100%» se despide con seis nuevas actividades
Las propuestas de noviembre tendrán como protagonistas las visitas al Museo del Ferrocarril y las rutas de senderismo
www.lavozdegalicia.es
Xa podedes desfrutar do coche da familia Weasley da saga de Harry Potter! Hoxe estará exposto na entrada de Fexdega.
Un soño para nenos e maiores! Grazas ao Curtas por sorprendernos!
Fomos pioneiros e queremos que a Vía Verde do Salnés continúe a ser unha referencia.

👉Sacamos a contratación pública a ampliación da senda en 271m, alcanzando os 2km percorrido pola nosa cidade. A actuación en Loenzo permitirá mellorá a accesibilidade.
Vilagarcía non para e estes días comezará a transformación da rúa Vilaboa (Sobradelo) que renovará as tubaxes e modernizará o pavimento, poñendo en valor o corazón patrimonial que compoñen a fonte e lavadoiro.
Comeza o festival Curtas! Unha semana máis chea de actividade cultural e da que Vilagarcía será a capital do cine fantástico, na que conta con todo o apoio municipal. Foi un orgullo que participasen na xornada inaugural o artista Tomás Hijo e o director Paco Plaza. Longa vida ao Curtas 🙌
Vilagarcía conta cunha Biblioteca á altura dos seus usuarios! Celebramos o Día das Bibliotecas premiando aos mellores lectores e lectoras infantil e xuvenil. Ler abre un sinfín de ventás! Noraboa a todos e todas
Reunínme co Xefe Superior da Policía Nacional en Galicia para abordar a colaboración e coordinación entre os corpos de seguridade.

Vilagarcía é unha cidade segura na que temos que seguir de preto as estafas por internet para previlas.
Sacamos a contratación pública a reforma dunha das vías principais de Vilaxoán: Bouza de Abaixo.

Unha intervención para mellorar os servizos, transformar a rúa do casco histórico e que amosa o noso compromiso investindo en toda a cidade. Seguimos!
Visitamos as novas instalacións de Asepeyo, as máis amplas e modernas de Galicia e que dan servizo a multitude de traballadores e traballadoras. Hoxe Vilagarcía conta con máis emprego, colaborando desde o concello na dinamización da nosa economía.
Noraboa a todo o equipo de Asepeyo na nosa cidade 👏
O 2026 será un ano magnífico para Carril. Aprobamos o proxecto de humanización das rúas Aduana e Cruz que financiaremos con fondos europeos e o Plan Extra e que suporá a modernización da rúa, con novo alumeado e renovación integral das tubaxes, cun acabado do pavimento en granito 👌
Presentamos "Vida Salnés", un traballo periodístico de José Luiz Oubiña e Alberto Avendaño que permiten coñecer máis a fondo e de xeito individual a persoas que habitan a comarca, sendo o retrato colectivo dun pobo.
Vilagarcía e Cáritas pechan un círculo perfecto de colaboración coa inauguración da segunda tenda "Arroupa" na no provincia. Un proxecto sostible e solidario que agardo que teña unha boa acollida
Aprobamos o proxecto de sustitución das luminarias do paseo marítimo que executaremos con fondos europeos

Contan cun deseño realizado polo escultor vilagarcián Elías Cochón e permitirán aforrar 17.000€ ao ano en electricidade e reducir en 26 toneladas as emisións de CO2.
Seguimos mellorando os servizos en toda a cidade!
Sacamos a contratación pública a ampliación do saneamento e asfaltado da rúa Ameal, en Sobrán.

Nestes momentos, temos en marcha seis ampliacións do saneamento no rural, cunha inversión superior ao medio millón de euros.
Reuninme con Arcadi España, Secretario de Estado de Política Territorial, e o Delegado do Goberno para valorar a consecución de +fondos europeos para Vilagarcía, abordar a necesidade de +vivenda pública e poñer en valor o incremento dun 40% da financiación local transferida polo goberno do estado
Presentamos a 53 edición do Curtas Festival do Imaxinario coa que Vilagarcía será a capital do cine fantástico. Un dos eventos VGA365 máis esperados. Do 24 ao 2 de novembro poderemos desfrutar de cine, estreas mundiais, talleres, exposicións... unha programación moi completa para tódolos gustos!
Vilagarcía voltou a ser escenario doutra competición de Vela coa Copa de España de ILCA 6. Máis de 150 regatistas competiron na nosa cidade e na nosa ría de Arousa, navegable todo o ano.

Parabéns a Bruno Iglesias e Lara Sabina que venceron na Copa.
Vilagarcía acolle unha nova edición de Motor Okasión 🚗

Este fin de semana, en Fexdega, poderedes atopar un amplio mercado de 400 vehículos nunha feira moi atractiva
🏃 Reforma da Pista de Atletismo:
As obras avanzan o bo ritmo e demostran o compromiso co deporte local, mellorando as infraestruturas.