Odafé
banner
odafe.me
Odafé
@odafe.me
51 followers 110 following 280 posts
Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev
Posts Media Videos Starter Packs
Ríndome. Supoño que nalgunha parte da CRTVG debería ser posíbel acceder ao directo do partido de copa do Dépor, pero a miña titulación de enxeñaría informática non parece ser suficiente para usar esta web. Seguramente iríame mellor cun curso de exiptoloxía xeroglífica. Menudo horror.
E ademais acabo de ver que están en Bluesky! @libro.fm
Libreiros galegos: déixenme pagarlle a algún unha porcentaxe dos meus audiolibros, por favor! 😅
Non sei canto ten que pagar unha libraría por formar parte de Libro.fm, pero dende fóra parece un negocio lóxico e con xeito.

Será que non hai en Galicia porque ás librarías lles sae caro, ou será tan só que este sistema é moi novo e non se coñece o suficiente?
O problema? Que non hai ningunha libraría asociada a Libro.fm en Galicia.

O máis cercano que se pode elixir "apoiar" dende aquí son librarías de Porto, de Lisboa ou de Madrid 😔

libro.fm/indies
Choose your bookstore
Libro.fm makes it possible for you to buy audiobooks through your local bookstore. Search by bookstore name, city, or postal code to find the bookstore you’d like to support.
libro.fm
E ademais, Libro.fm ten un sistema de APOIO A LIBRARÍAS LOCAIS que fagan acordo con eles.

Cada conta de subscritor ten que ter unha libraría "vinculada", e unha % das compras desa conta van á súa libraría vinculada (por aí din que o 10%, pero non vexo cifras públicas).

libro.fm/story
Our story
Libro.fm is the first audiobook company to directly support local bookstores.
libro.fm
As apps funcionan ben. Consumidos os créditos mensuais, poden comprarse libros con euros, e poden tamén comprarse créditos ou regalarse a outra persoa.

En resumo: algo máis caro "de base" que Audible (11,99€ vs 9,99€) pero a cambio creo que consegues máis polo teu diñeiro.
O catálogo é enorme, aínda que o de lingua non inglesa é algo máis reducido que o de Audible (non demasiado). Os créditos acumúlanse, e teoricamente mantelos se cancelas a subscrición (tamén mantés acceso aos libros). Os audiolibros poden descargarse para escoitar offline sen DRM (en formato .m4b).
Libro.fm funciona con créditos: podes ter unha subscrición de 1 crédito / mes (11,99€) ou de 2 créditos / mes (19,99€).

Os créditos dan acceso a prácticamente todo o catálogo, a exceptuar unha cantidade pequena de títulos por restriccións das editoriais (nada que ver con Audible).
Suponse que Audible fixo isto para contrarrestar os novos plans de audiolibros de Spotify en certos países, pero eu creo que o verdadeiro competidor aí e un novo sistema ao que estou suscrito hai uns meses e que está a gustarme moito: Libro.fm

libro.fm
Buy audiobooks & support local bookstores
Libro.fm makes it possible for you to buy audiobooks directly through local bookstores.
Libro.fm
E se non gastas o crédito nese mes, pérdelo. E se cancelas a subscrición, perdes acceso aos libros.

Non sei, non me convence moito.
Hai países onde Audible está a experimentar cunha nova subscripción, "Audible Standard", na que por un prezo fixo máis baixo (6 ou 7 euros) dan acceso a un libro calquera ao mes. Isto é: cada mes tes un "crédito" para gastar nun libro ao que poderás acceder mentres dure a subscrición.
E conforme pasaba o tempo, a situación ía facéndose cada vez máis insostíbel para min: Pagar 9,99€ ao mes tan só para ter acceso a buscar no catálogo e a escoitar algúns libros "incluídos" que cada vez eran menos e xa non incluían nada mínimamente popular ou exitoso parecíame moi mal negocio.
A opción á que moita xente acude cando pensa en audiolibros é Audible, de Amazon. Eu fun subscritor de Audible, pero sempre me frustrou moito ver como Audible ía reducindo cada vez máis os títulos aos que tiñan acceso os subscritores, facendo cada vez máis e máis libros de pago "extra".
Vai unha de audiolibros:

Na miña casa consumimos bastante audiolibro. Eu adoito poñerme podcasts ou audiolibros mentres fago tarefas para as cales a miña cabeza precisa dunha "onda portadora" (cociña, horta, transporte) e aos nenos gústalles escoitar algún libro para quedaren durmidos.
Odafé @odafe.me · 13d
O Dépor leva moitos anos con adestradores que usan un único sistema de xogo durante dez xornadas, e agora ten un adestrador que usa dez sistemas distintos nunha soa xornada.
Odafé @odafe.me · 13d
Unha cousa que sempre me chocou da publicidade de McDonald's é que chamen aos seus locais "restaurantes".
Odafé @odafe.me · 15d
Nos últimos 10 anos, as ferramentas de control parental dos dispositivos electrónicos melloraron moito. Concretamente evolucionaron de "atroces" a tan só "espantosamente malas". Parecen deseñadas por persoas que aprenderon o que era un "fillo" ou unha "familia" na wikipedia.
Odafé @odafe.me · 25d
Os vídeos de Kurzgesagt sempre son interesantes, pero algúns datos deste son aterradores: 51% do tráfico de internet orixinado por bots. 37%, específicamente bots "malignos". Está quedándonos un internet precioso. E inútil.
AI-generated content is flooding the internet, and we're entering a new era of information overload. Watch our latest video to find out how AI slop affects the internet and why kurzgesagt videos will always remain human-made: https://kgs.link/AISlop
Odafé @odafe.me · 27d
Urxe lexislar estas cousas. Pedir un préstamo ten que volver ser complicado, precisar trámites, requirir algo máis que un par de clics. Os produtos de débeda son moi necesarios para a sociedade, pero hai tempo que cruzamos a liña do ético e está a facérselle dano a moita xente.
Odafé @odafe.me · 28d
Eu creo que Patiño fixo moi bo partido, pero que a saída ao campo de Zaka sentou moi ben. Quizais o momento de baixón para min foi cando retirou a Mulattieri algo despois.
Odafé @odafe.me · 28d
Pasarán os anos e pasarán os adestradores, e ao Deportivo seguirán atragoándoselle sempre os famosos equipos "con oficio".
Odafé @odafe.me · Sep 28
O desprezo activo que manteñen moitos autores e editoriais no mundo académico pola publicación de obras en formato dixital é para botarse a chorar da impotencia. Que torpeza máis custosa para todos.
Odafé @odafe.me · Sep 25
Tardou moitísimo, pero un dos pesos pesados na xestión de redes sociais a nivel mundial, probabelmente o máis importante, xa soporta Bluesky.
Sky’s the limit for your social strategy: Bluesky is now in Hootsuite.

Whether you are new to the platform or well seasoned, Hootsuite is the tool to help you unlock your potential on Bluesky.

Schedule, publish, and track your Bluesky posts without leaving Hootsuite. Try it today 💙