Librarías de Galicia
@librariasgal.bsky.social
190 followers 79 following 270 posts
Federación de Librarías de Galicia está conformada por máis de 150 librarías comprometidas coa defensa dos intereses do sector e co fomento da lectura
Posts Media Videos Starter Packs
Está o outono por comezar e arranca tamén o noso ciclo de Actividades nas Librarías, cunha primeira actividade en Pontevedra!

👉 Contacontos con música - Bim, bam, bum, con Paco Nogueiras
📍 Libraría Paz (Pontevedra)
📆 Venres, 19 de setembro, 19 h

Atentas, que o ciclo continúa... non o vaias perder!
Por iso, acabamos de publicar na nosa web (librarias.org) un listado que pode axudar a comprender a realidade actual do pobo palestino e as raíces do conflito. Textos cheos de reflexións, de dor e tamén de amor.

Velaquí o listado completo www.librarias.org/gl/post/libr... 🍉
As librarías de Galicia non podemos permanecer silentes ante o que está a acontecer en Palestina. Estamos convencidas de que os libros son unha ferramenta esencial para a comprensión, a denuncia e a solidariedade, e que é o noso deber ético pór o foco no xenocidio e denuncialo.
Corren tempos de incerteza e de dor pola violencia extrema dun Estado, Israel, que leva xa demasiados meses masacrando á poboación palestina nunha serie de accións que só poden ser cualificadas como xenocidio.
Por iso, acabamos de publicar na nosa web (librarias.org) un listado que pode axudar a comprender a realidade actual do pobo palestino e as raíces do conflito. Textos cheos de reflexións, de dor e tamén de amor.

Velaquí o listado completo www.librarias.org/gl/post/libr... 🍉
As librarías de Galicia non podemos permanecer silentes ante o que está a acontecer en Palestina. Estamos convencidas de que os libros son unha ferramenta esencial para a comprensión, a denuncia e a solidariedade, e que é o noso deber ético pór o foco no xenocidio e denuncialo.
Corren tempos de incerteza e de dor pola violencia extrema dun Estado, Israel, que leva xa demasiados meses masacrando á poboación palestina nunha serie de accións que só poden ser cualificadas como xenocidio.
Reposted by Librarías de Galicia
Empiezo a hacer mis juegos visuales al servicio de un proyecto. En esta ocasión, de una selección de "Libros contra o xenocidio" llevada a cabo por @librariasgal.bsky.social

Un trabajo de @coma-gal.bsky.social

www.librarias.org/gl/post/libr...
Nós, somos moi de persoas... e ti de que es, de algoritmos ou de persoas?

Máis info 👉 persoas.librarias.org
As plataformas en liña están cada vez máis presentes nas nosas vidas,mais nunca poderán ofrecer un consello personalizado da persoa que te coñece, nin a experiencia de descubrir unha nova historia mergullándote nos nosos locais, nin o orgullo de apoiar a nosa cultura e as nosas creadoras.
Está campaña nace para pór en valor o seu traballo e celebrar a importancia da súa experiencia. Algo que un algoritmo nunca poderá igualar 💙📘📘📘
En Galicia, as librarías son moito máis que tendas: son o corazón das nosas vilas e cidades, espazos cheos de vida e paixón pola lectura. E todo grazas ás persoas que as fan posibles.
🔹19:00 Teatro para familias: Pedras de cartón representa a obra “Carapuchiña vermella”.
🔹20:00 Cristina Pato presenta “Fora de foco”.
🔹20:45 Rober Cagiao presenta “A dama de Anboto” acompañado pola xornalista María Nieto.
Venres, terceiro día da #feiraDoLibro de Monforte e seguimos compartindo lecturas e actividades:
Ambiente no primeiro día da feira.

Organiza Librarías de Galicia co apoio de Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Concello de Monforte e Deleite.

#FeiraDoLibro #MonforteDeLemos #LugoMola #OndeFlorecenOsLibros #RibeiraSacra #Galicia #LecturasDeVerán
Inma Soto estivo asinando Xela, aventura na fraga” na libraría Agrasar.
Alba López Paredes asinou a súa obra na caseta da libraría A Gata Tola.
Contacontos “A egua de Breogán” con Estefanía Padullés.
Aquí vai un carrusel cun resumo do que foi a xornada inaugural da #feiradolibro de Monforte:

1. Marta Argüelles logo de asinar "Volcánidas" na ULA Libraría Social.
O pregón será a cargo de Estefanía Padullés, escritora nacida nos Pireneos pero afincada en Paradela, que inaugurará oficialmente a feira.

📍 Rúa do Cardeal
20 - 23 agosto
(hoxe mércores 20 de agosto SÓ POLA TARDE)
Hoxe comeza a Feira do Libro de Monforte de Lemos, a derradeira cita das Feiras do Libro de Galicia deste ano. Con ela poñemos fin a unha tempada que nos levou por outros 12 encontros nas 4 provincias dende o mes de maio.
A tarde de onte na #feiraDoLibro de Foz deixounos estas lembranzas e actividades:

Feira do Libro de Foz, #ondeflorecenoslibros.

Organiza LIbrarías de Galicia co apoio de Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Concello de Foz e Deleite.
"Pero Lucía, acórdate de que ti non eres de Foz". Con estas palabras comeza o pregón inaugural de Lucía Aldao na feira do libro de Foz.

Organiza Librarías de Galicia co apoio de Xunta de Galicia, Vicedeputación de Lugo, Concello de Foz e Deleite.
Na carpa de actividades, ás 18:30 haberá teatro para público familiar coa compañía Teatro Ghazafelhos e a súa obra "Contos de lobo".

Ás 20:30 terá lugar unha conversa entre Antía Yañez, autora de "O clan das Barbies", e María Besteiros, autora de "Ítaca".