@ceosgalegos.bsky.social
84 followers 23 following 15 posts
Posts Media Videos Starter Packs
Hoxe recibimos a maqueta (en prazo), hai os típicos erros que temos que temos que corrixir (en prazo), a imprenta xa está escollida e agardando (en prazo) e parece que todo, todo... vai correr ben.

Ben? Dixemos imprenta, impresión, papeis, cores, tintas... crucemos os dedos mailas dedas.🤪
Como o ano que vén vai ser un ano MOI, MOI especial (e se non sabedes por que, non sodes merecedores de mercar #CeosGalegos26 cando saia publicado), pois ocorréusenos facer algo moi especial. Cun deseñador gráfico co que nunca traballáramos polo medio.
Que podía saír mal? (iv/iv)

Pois... NADA
...pero había que pedir os textos para cada unha ao @jorgemirausc.bsky.social, as poesías á @estibalizespinosa.bsky.social, as imaxes sen comprimir aos autores, preparar efemérides... e o tempo comezou a correr.

Ah!, e estreamos un deseñador novo para o calendario.

Que podía saír mal? (iii/iv)
...este ano, a primeira imaxe chegou ao día seguinte e xa tiñamos unha posible portada. Ao final non foi, pero xa había calidade abondo.
Ao final, 19 autores/as diferentes e 91 imaxes.
Só podiamos escoller 12+2 (capa e contra-capa máis os meses).
E escollemos...
Que podía saír mal? (ii/iv)
Hai mes e medio comezamos edición #CeosGalegos26 Coma nos últimos 9 anos, pedir imaxes a autores (case 100) e anunciar en redes sociais (para que os que non temos contacto).

Os primeiros días son o peor, nervos por recibir imaxes que teñan o que buscamos...

Que podía saír mal? (i/iv)
Pois si, #CeosGalegos26 is coming!!

E, como en cada edición, con sorpresas que gustarán a moita xente. Dous ou tres cambios que pensamos había que facer, porque o ano 2026 vai ser o ano da...
Reposted
Para abrir unha libraría nestes tempos algo ten que ter.

Cada ano que pasa, desde 2018, sempre se nos cae da "rede amiga" de @ceosgalegos.bsky.social algunha, por peche 🥴

E estamos en menos de 100.
Das cousas das que estamos orgullosos desta parte do noso proxecto, o calendario anual. Chegamos a lugares do máis curioso, do máis insospeitado e sempre cun conto por tras.

Na nosa conta, un par de ducias de países polo menos. E varios premios Nobel.
Aquí hai unha pequena curiosidade.

No documental "Little Universe" aparece o astrocalendario de @ceosgalegos.bsky.social @dosiveiga.bsky.social que a Agrupación Astronómica ÍO regalou a Amena cando estivo en Galicia.
Reposted
Nesta alta distancia onde
comezan as nubes[…]
e o pórtico negro onde as estrelas se vesten de luz […]
niso penso agora
Mary Oliver

(escolma verso por @estibalizespinosa.bsky.social)
📸 Miguel Iglesias

1 de xuño na miña cociña @ceosgalegos.bsky.social
@dosiveiga.bsky.social
Cociña con calendario colgado.
Reposted
Podes ficar tranquilo, que non te equivocaches! De feito levamos a nova con bastante retranca nas sesións que restaron do congreso 🤣
E sen dúbida o material de @ceosgalegos.bsky.social triunfou!
Reposted
Hai algo teu no namoro dun faro. Algo ten de ti
que de tan orfa dás a luz
que tes hoxe seráns luscos, mañá alboradas fuscas
e un ollo que lle chiscar á Lúa.

Estíbaliz...Espinosa

📷 Lara Martínez
@ceosgalegos.bsky.social

1 de setembro na miña cociña.
Calendario de Ceos Galegos na parede da cociña.
Reposted
Aquí hai unha pequena curiosidade.

No documental "Little Universe" aparece o astrocalendario de @ceosgalegos.bsky.social @dosiveiga.bsky.social que a Agrupación Astronómica ÍO regalou a Amena cando estivo en Galicia.
Reposted
Todos os anos, por estas datas, temos o mesmo dilema: a escolla das imaxes para a edición #CeosGalegos26

Recibimos 85 orixinais de 19 autores/as diferentes.

Nun primeiro peneirado quedaron 36. Nun segundo quedan 20. Só pode haber 13. SÓ PODE HABER 13. Isto é máis duro do que pensades.
Boas, fermosa foto.

Estamos a valorar publicar unha serie de imaxes no blogue co conto do apagón. Interésache? Avisa e envíoche por privado a información necesaria.

Grazas!
Reposted
Gracias al apagón y a que la noche estaba despejada tuvimos la ocasión única de disfrutar de Santiago bajo un cielo estrellado.
@ceosgalegos.bsky.social
Reposted
Hoxe non é na miña cociña, pero xa é maio na da filla.

Se ti foras candeliña
garabullos eu tamén fora
torcidiña que en ti ardera
até que pintara a aurora

Cantar de cantareiras

Como na casa con #CeosGalegos
@ceosgalegos.bsky.social
Mueble co calendario de Ceos Galegos.
😎

Terceiro premio Nobel que goza das nosas imaxes en formato de calendario.

Grazas mil!!